Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 20 de diciembre de 2012

Recomendacións para o Nadal e unha boa nova

Outro ano que remata e novas recomendacións de Nadal para todos: para mulleres, para homes, para os que non len, para os pensadores, para os que lles vai o manga e o para os pequerrechos. E se aínda tedes dúbidas, dádevos unha voltiña polas guías de lectura para tempos fríos das bibliotecas escolares galegas. Rematamos o ano cunha boa e emocionante nova para a nosa biblioteca e todos os que fixemos posible que sexa o que hoxe é. Se aínda non vos enterastedes, podedes ler o que de nos din no xornal El Progreso. O equipo da biblioteca deséxavos de todo corazón, unhas Boas Festas e un inmellorable 2013. Vémonos pronto.

1 comentario:

Lucía López dijo...

Eu estou a ler "No te escondo nada", esta vez tocou lectura en castelán.
Non o rematei de ler, pero eu creo que vai merecer a pena.
Boas festas, ata a volta.