Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 13 de diciembre de 2012

Sumámonos á homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

O 12 de decembro do 2012 a nosa biblioteca sumouse á homenaxe a Celso Emilio Ferreiro cun recitado de poemas do poeta por parte do alumnado de 2º da ESO dirixidos polo seu profesor Eduardo Rey e coa inestimable colaboración de Santy López. As imaxes que vedes son tan só un adianto do vídeo que me consta xa se está cocendo e que estamos desexando ver. Noraboa e que non falten iniciativas como esta!

No hay comentarios: